• Galego
    • ES - Español
    • EN - English
  • Galego
    • ES - Español
    • EN - English
  • SerWEB
    • iCrew
    • Cloud
    • Biblioteca
    • Test Centre
    • Convocatorias
    • Eventos & Tours
  • SerWEB
    • iCrew
    • Cloud
    • Biblioteca
    • Test Centre
    • Convocatorias
    • Eventos & Tours
  • INICIO
  • AIR NUBEIRO
    • A compañía
      • Frota
      • Equipo directivo
      • Listado de pilotos
    • Corporativo
      • A aeroliña
      • Manual de Identidade Visual
      • Manual de Regulación Interna
    • Chamamentos
      • Alta como piloto
      • Bases reguladoras 2025
      • Centro de Convocatorias
    • Cultural
      • O Bo Camiño
      • Portal Galicia
      • Letras Galegas
  • REXISTRO
  • CONTACTO
  • INICIO
  • AIR NUBEIRO
    • A compañía
      • Frota
      • Equipo directivo
      • Listado de pilotos
    • Corporativo
      • A aeroliña
      • Manual de Identidade Visual
      • Manual de Regulación Interna
    • Chamamentos
      • Alta como piloto
      • Bases reguladoras 2025
      • Centro de Convocatorias
    • Cultural
      • O Bo Camiño
      • Portal Galicia
      • Letras Galegas
  • REXISTRO
  • CONTACTO
NÓS

"​Onde trona un feiro, ten a certeza de que ten relampado unha idea."

Ippoto Nievo
A aeroliña virtual galega

Air Nubeiro

Qué é Air Nubeiro?

Air Nubeiro é unha aeroliña virtual galega creada por e para entusiastas da aviación onde se ofrece unha plataforma e comunidade ideal para o goce da afección que nos une.

Misión e valores

O noso obxectivo foi, é e será fomentar o voo a Galicia nas redes de voo virtual (IVAO, VATSIM etc.)/ etc.). Non sen afastarnos da imperiosa necesidade de compartir a nosa cultura e lingua por todo o mundo.

A familia

Para nós, é tan importante conseguir pilotos activos como afianzar unha boa e próspera comunidade, fomentando o traballo cooperativo e un ambiente cálido á vez que familiar.

Responsabilidade social

O noso compromiso coa preservación da lingua, difusión da cultura e promoción da contorna é máximo e tentamos coidar e consentir o que nos fai máis especiais no mundo, o que nos dá identidade.

"​Air Nubeiro ten algo único, faite sentir coma na casa" Pablo Cueto (CEO)
Para coñecer máis á compañía, que nos podes contar sobre a historia de Air Nubeiro?

Eu sempre quixen que Air Nubeiro fose diferente ao resto de compañías virtuais, empezando polo nome. Polo que, botando man da mitoloxía galega, decidimos utilizar o termo "nubeiro" (rei das tormentas), que ademais se comparte con con a asturiana "nuberu". O que, sen dúbida, supuxo a creación dunha marca con moito significado e ben diferenciada, algo que pode perdurar no tempo, evolucionar e non perder as súas raíces ao mesmo tempo.

Os inicios foron complicados, como non, pois tan só eramos dúas persoas e non dispoñiamos de coñecementos en programación polo que saltabamos de plataforma en plataforma (FSAirlines, VAM, etc). 

A partir do 2020, puidemos incorporar a máis xente o que, unido ao tempo do que dispoñiamos durante a pandemia, fixo posible a creación dunha comunidade forte e asentada que a finais do devandito ano conseguiría o rexistro como aerolínea virtual en IVAO.

Con todo, estamos sempre en constante actualización e buscando a última tecnoloxía e comodidade para os pilotos o que se traduce nun traballo continuo.

Que ten Air Nubeiro que fai que sexa unha aeroliña virtual distinta?

Ante todo, antes que unha aerolínea, somos un grupo de amigos. A amizade que nos une é consecuencia ​directa da existencia da compañía. Este vínculo, sen dúbida, é garantía dun grupo consolidado e substancialmente distinto ao que se atopa noutras aerolíneas virtuais, máis "institucionalizadas".  

Ademais, a nosa férrea aposta pola cultura e identidade é a nosa marca en se mesma; desde os nosos roteiros baseados en Galicia, pasando por compromisos divulgativos dos nosos bens culturais.

Síguenos nas nosas redes para coñecer a entrevista ao completo!

pasiño a pasiño

OS NOSOS PRIMEIROS PASOS

Os inicios nunca foron sinxelos

A cola dun Airbus A320-200 de Air Nubeiro unha pintura antiga (2020)

Claro que os inicios non son fáciles pero tiñamos unha idea moi clara e perseguiriámola sempre. En 2010 Air Nubeiro comezaba a aparecer nos motores de procura da internet e, mesmo, en IVAO. Naquel momento, a compañía contaba con apenas dous membros, pero dous membros que o deron todo.

Durante un longo período, Air Nubeiro apenas varía o persoal de pilotos. Non sería ata 2020 cando se pon un obxectivo ambicioso, ser unha aerolínea rexistrada en IVAO. O que leva a preparar cambios importantes e a buscar pilotos virtuais ata de debaixo das pedras.

Dó 2020 ó 2023

Un salto de pértega.

A partir de nuestro registro en IVAO, seguimos en una senda de crecimiento impulsada, en parte, tanto por la pandemia como por el auge del simulador de vuelo MIcrosoft Flight Simulator.

É neste momento cando levamos a cabo os principais cambios nos sistemas. Desde documentación interna ata un cambio por completo da nosa web, así como o logotipo que hoxe lucimos con orgullo.

Un Airbus A321 de Air Nubeiro, coas cores vellas e o logotipo remodelado (2021)

Campaña publicitaria polo Día de Galicia (2023)

Férreos Á NOSA idea

De 2023 hasta hoy

"Eu creo que nunca fomos verdadeiramente conscientes de ata onde estabamos a chegar e, sobre todo, do traballo que acabariamos facendo."

A día de hoxe, con apenas algúns cambios feitos, mostrámonos un tanto continuistas. Con todo, temos que destacar o noso traballo en materia cultural e social, dando voz á nosa lingua materna, ou galego , á nosa cultura e á nosa terra.

Portamos as nosas cores con orgullo e seguimos, como o primeiro día, a nosa idea: levar tráfico aéreo virtual a Galicia.

Disque sen redes non somos ninguén?  -Non- pois estás ben equivocado, a mín coñécenme polo nome da casa, e non ten perda ninghunha!

Por se non nos coñeces polo nome da casa, velaquí as nosas redes ;-)

Estás vendo unha páxina web oficial de Air Nubeiro.
Copyright © 2025 ​Todos os dereitos reservados.

Servizos Web

iCrew
Biblioteca
Eventos e tours



Cloud
Contactar
Centro de certificacións

Chamamentos

Información acceso
Formulario de acceso
Centro de Convocatorias

Air Nubeiro

Listado de pilotos
A compañía
O equipo directivo

Legal

Política de cookies
Aviso legal
Privacidade

👋 Ei! 
A túa privacidade e importante pra nós

A nosa páxina web emprega cookies propias e de terceiros. Estamos comprometidos coa túa privacidade, por iso, nos gustaría que lle botaras un ollo á nosa política de cookies e privacidade.​ 

Aceptar Cookies Revisar política